Showing 101 Result(s)
Peixes de inverno

Peixes de inverno, capturas comúns

Preguntámoslle o redeiro social e do mar Rogelio Santos Queiruga cales son as especies de peixes de inverno que suelen capturar de outubro a decembro na nosa ría.

Peixes de inverno frecuentes nas capturas

O patrón de pesca explicanos que agora mesmo a campaña de marisqueo en Muros-Noia vai con atraso por mor da toxina e saen coa liña. Rogelio nos di que nesta tempada pican con frecuencia ás douradas, rebalizas, sargos, pintos… e ademais destes peixes de inverno comezan  aparecer os primeiros chocos, o calamar e o polbo xa cun bo tamaño.

 

A finais da tempada invernal, tras a posta, os peixes quedan como gatos a xaneira en pelexos e esgotados.

 

 

Na pesca con redes que tamén practica aparecen entre sargos, pintos e rebalizas tamén maragotas e peixes variados da pedra. Rogelio nos comenta que é unha época na que todo o peixe está bo, gordiño, saudable e con graxa. Cando remata o verán os peixes levan ben comido para encararse ao inverno e ás tarefas reprodutivas coa máxima enerxía. A finais da tempada, tras a posta, quedan como gatos a xaneira ou a gata tras parir, en pelexos e esgotados.

A temporalidade no mar relacionase coas épocas de cría e cos movementos de cada especie dependendo das temperaturas. Co desprazamento son mais sinxelos de capturar o que fai que non haxa necesidade de traelos capturados de outros lugares nin de xerar unha pegada ecolóxica. Consumir peixes de tempada é respectar o seu ciclo biolóxico e gozar do seu sabor de xeito mais saboroso e intenso.

Aparte dos peixes, os mariscos son os produtos estrela do inverno.

Podes aprender mais cousas interesantes sobre o mar no perfil de instagram de Rogelio Santos Queiruga. Sempre aporta datos curiosos que desconocemos!

Segue a nosa sección Caldo de faragullas e aprende truquiños e saberes. Podes atoparnos en instagram para estar sempre ao día.

cetárea

Faq: Tendes unha cetárea?

Que é unha cetárea?

As cetáreas son sistemas de mantemento de especies mariñas vivas nun medio distinto ao mar. É dicir, unha cetárea é un viveiro onde se pode almacenar e coidar o xénero as empresas adicadas á venda e distribución de marisco, sabendo que o xénero permanecerá fresco e vivo en todo momento ata a súa saida.

Tendes unha cetárea?

Tenéis una cetárea?

En Benboa Corrubedo coidamos os nosos mariscos procedentes da flota artesanal en 25.000 litros de agua directa do mar controlada, natural e purificada.

nivel enerxético a nosa cetaria é un sistema de aproveitamento da temperatura. Unha xeotermia pero coa auga que entra do mar que, mediante unhas bombas de calor, aproveita a auga quente para os lavalouzas ou para a calefacción no inverno e, a auga fría, para o arrefriamento dos equipos frigoríficos ou a climatización no verán.

 

Séguenos nas redes sociais  e non te perdas ningunha novidade.

Suscríbete ao noso blogue e segue todas as novas.

menus de grupo

FAQ: Tendes menús de grupo?

Cando se achegan certas datas é habitual que nos preguntedes se temos menús de grupo. En Benboa non nos esquecemos de que hai moitas celebracións que festexar cos mais achegados.

Dispoñemos dunha carta de menús de grupo que podes solicitar nos nosos locais de Corrubedo ou Compostela. Están dispoñibles para comidas ou ceas previamente concertadas e para un mínimo de 8 comensais. Sérvese un único menú para toda a mesa. Estimase un consumo máximo de viño de media botella por persoa, ademais de aguas e refrescos. As bebidas que excedan destas cantidades ou a petición doutras bebidas diferentes ás indicadas serán abonadas segundo a listaxe de prezos.

Tendes menús de grupo?
Tenéis menús de grupo?

Sí! Os menús de grupo dispoñibles modifícanse cada ano nestas datas (outubro-novembro) por iso é importante estar ao día mediante as nosas redes sociais.

No caso de solicítalo, contamos con un servizo de cocteleira e combinados que se poderán deleitar na propia mesa ou na taberna.

Para coñecer todos os detalles dos menús que actualizamos cada ano escribe un correo a social@benboa.com ou contacta directamente co local.