Showing 101 Result(s)

Sorteo de San Valentín en facebook #benboaenamora

Os comentarios recibidos sobre a vosa experiencia en Benboa fannos crecer por iso son tan importantes para nos. Queremos agradecelo sorteando unha cea romántica para dúas persoas no mes dos namorados. Como participar?

1º Comenta a publicación de facebook se participas e menciona a algún amigo.
2° Escribe unha reseña no noso perfil de google incluíndo no  teu comentario o hashtag #benboaenamora.

Para coñecer tódalas bases do sorteo descarga o arquivo aquí.

illas atlánticas de Galicia visitas

As illas atlánticas: Visitas guiadas a Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

Illas Atlánticas de Galicia

No primeiro programa de rutas de 2020 das Illas Atlánticas, poderemos coñecer, mediante visitas guiadas, un pouco dos catro arquipélagos que as conforman.

“Illas con historILLA”

Na primeira proposta ofértanse 4 rutas. Atópanse reunidas unha serie de visitas onde coñecerás a historia de cada unha das illas. Se tes curiosidade pola pegada histórica do ser humano en Cíes, Ons, Sálvora ou Cortegada, escolle unha, fíxate nas datas e anótate. Ver rutas con historILLA

“Illas con vidILLA”

Esta proposta alberga 3 rutas nas que se amosa a vida natural das illas. Se te apetece coñecer mellor que especies de animais e plantas viven en Ons, Sálvora o Cortegada, escolle unha, fíxate nas datas e anótate. Ver rutas con VidILLA

“Illas en familILLA”

Esta proposta está pensada para familias con nenos/as. Preséntanse 3 rutas nas que os nenos/as descubrirán algúns dos animais que viven nas illas. Nas rutas teñen dinámicas moi participativas onde os rapaces (recomendado para +5 anos) acompañados de adultos pasan un bo anaco mentras aprenden da natureza das illas. Ver rutas en familILLA

As illas

Enfronte as Rías Baixas as Illas Atlánticas de Galicia fan una barreira natural ante o océano que acentúa o ambiente estuario das rías.

No medio terrestre destacan os sistemas dunares, os acantilados e as matogueiras de toxo e brezo. No medio mariño, nos fondos rochosos, son importantes as comunidades de bosques de algas pardas que acollen unha gran variedade de peixes e crustáceos.

As correntes mariñas depositan as areas nas zonas mais protexidas e xunto ós importantes fondos de maërl crean un substrato móbil o que deben adaptarse os seres vivos. Exemplo disto son os  bivalvos que se enterran para evitar ser arrastrados polas correntes mariñas.

Os acantilados son o fogar das aves mariñas. Destaca o corvo mariño cristado que ten nas Illas Atlánticas unha das mellores colonias de cría do sur de Europa e a pardela cincenta una recen chegada. Outros animais terrestres das illas atlánticas están separados dos seus conxéneres costeiros, de maneira que algunhas especies presentan características que as van diferenciando; son bos exemplos de esto a existencia de una subespecie de lagarto ocelado de Sálvora ou o viviparismo das salamandras de Ons e Cíes.

O parque estivo habitado dende moi antigo, as Illas Atlánticas pasaron por diferentes mans: a igrexa, a nobreza ou o exército. Tamen por distintos organismos administrativos que, xunto cos poboadores, deixaron a súa pegada: castros, mosteiros, muíños, hórreos, pazos, dornas, costumes e lendas. A ocupación das illas foi descontinua ao longo do tempo debido as dificultades causadas polo illamento e as duras condicións oceánicas. Hoxe en día soamente en Ons se mantén una poboación reducida.

 

¡Subscríbete o noso blogue para enterarte de mais actividades como estas!

Quero recibir información da listaxe de:

¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.