Showing 101 Result(s)

Reapertura en Compostela: Venres 17 ás 19.30h

Pouco a pouco imos volvendo a normalidade, iso si con tódalas precaucións precisas para rematar o antes posible coa situación actual. Agradecemos cada mensaxe de ánimo durante a nosa ausencia na Rúa do Preguntoiro, 41 e valoramos a vosa paciencia e espera. Descubre as novidades que iremos incorporando a nosa carta paseniño. Vémonos mañá venres 17 de xullo ás 19.30 de novo en Santiago de Compostela.

Reapertura en Corrubedo: Venres 10 ás 19.00h.

Despois de rematar tódalas tarefas pendentes por fin podemos abrir as nosas portas en Corrubedo. Agradecemos os ánimos e a atención pola vosa parte, sempre pendentes da nosa volta. Como agarimo, esperamos que disfrutedes das novas propostas da nosa carta. Esperamos ter un bo verán para disfrutar do ambiente mariñeiro e seguimos traballando na nosa próxima reapertura, Compostela. Grazas por agardarnos todo este tempo e vémonos mañá venres 10 ás 19.00h.

A ruta dos faros de Galicia

Grazas o período de confinamento, entre todos os usuarios da nosa páxina en facebook elaboramos este mapiña que  localiza os faros que se dispersan o longo da nosa costa. Esta en construción. Hai aínda algúns dos que non temos imaxe… se te animas a participar podes compartir a túa imaxe na publicación referida no noso muro de facebook.