Showing 101 Result(s)

5 ideas agasallo con selo galego

Traduce el texto/ Translate

Chegadas estas datas, moitas veces nos despistamos cos regalos e andamos a comprar chorradas a última hora coas que, aparte de non acertar, gastamos os cartos en balde.

Queremos darvos unhas ideas para poder completar os vosos agasallos con éxito ademais de ser algo único, para tódalas idades e que nos represente como galegos (posto que non todolos regalos veñen de oriente ;D). 

Para quen está fora de Galicia é unha sinxela forma de obter produtos orixinais e galegos a domicilio e con este xesto, estarás apoiando as iniciativas emprendedoras da nosa terra.

Colle o caderno e toma nota!

 

1. Para os amantes das cousas bonitas: Florandeira.

Esta floristería de Paderne (A Coruña) que podes atopar en liña e que rexenta Verónica Souto é un legado de negocio familiar que con moito esforzo e ilusión se adoptou perfectamente ós tempos que corren.

No seu sitio web podes atopar un perfecto agasallo tanto que perdure no tempo como son as flores preservadas ou tamén algo mais efémero e vigoroso como son as flores frescas de tempada.

Podes atopar cousiñas estupendas para os amantes da decoración do fogar con flores fermosas.

Xarrón de flores secas “Ámbar” de floradeira.es

2. A moda atlántica coa que acertarás: Somos Océano

Para acertar seguro-segurísimo e non equivocarnos recomendamos sen lugar a dúbidas a Somos Océano.

Detrás deste proxecto atopase Ana e Fran, quen, a través das súas coloreadas redes sociais, nos alegran o noso día a día presentándonos o seu traballo dunha forma entretida e orixinal. Igual que Benboa son fans do deseño #sostible e na súa tenda en liña podes atopar agasallos para toda a familia dende camisetas, suadoiros e calcetíns….Como os de estas latiñas de conserva da imaxe que podes personalizar escollendo os deseños que mais che gusten da súa colección.

Lata persoalizable con 4 pares de calcetíns de somosoceano.com

3. Pezas de artesáns de Galicia: O Faiado

O Faiado é unha tenda e galería de arte e artesanía galega con xa dez anos de actividade.

A novidade desta tenda e que dende o ano pasado podes atopar as suas peculiares pezas de artesanía tamén a venda de forma online achegándote a casa algúns dos moitos artigos que alberga este local da Rúa de Galicia, nº 81 de Ribeira, onde se atopa.

Encontrarás artigos para tódalas idades, únicos no mundo e feitos a man dende prezos moi asumibles para tódolos petos.

Pulseira Octans III con cristales de Swarovski e fío de arame ofaiado.com

4. artegalega.com: Os Catro Gatos en Rede

A galería de arte galega de Santiago de Compostela Os Catro Gatos esta detrás dende xullo deste ano do proxecto de venda de arte online de artistas galegos ou afincados en Galicia.

Ao redor de 25 artistas participan coas súas obras neste proxecto que xa comezou a facer os seus primeiros envíos de arte polo mundo.

Pódense atopar prezos moi asumibles apostando polas promesas mais emerxentes da arte galega como Alejandra Pardo ata artistas mais consolidados no mercado como Tino Canicoba, como exemplos.

 

“Saíndo do rosario” talla en madeira de Tino Canicoba. Podes atopar + obras en artegalega.com

5. Para “Galician foodies”: Benboa

Non podemos pechar esta listaxe de recomendacións sen autorecomendarnos.

Porque regalar Benboa é regalar un momento para compartir con esas persoas especiais que tanto queremos.

Regalar Benboa é dar a coñecer a riqueza gastronómica da nosa cociña atlántica aos nosos familiares e amigos.

Os bono agasallo de Benboa son menús individuais adaptados a tempada do peixe e do marisco así como a madeira utilizada na brasa que outorga un punto diferencial a nosa cociña.

Consulta os nosos bono-agasallo en benboa.com/regalabenboa/

Xa sabes, este nadal non andes as presas e regala algo con xeito e con selo galego.

+ cousas que ver…

No se encontraron resultados

La página solicitada no pudo encontrarse. Trate de perfeccionar su búsqueda o utilice la navegación para localizar la entrada.

17,18 e 19: Disfruta da nosa proposta finalista do e-tapas

17,18 e 19 de decembro degusta a nosa tapa finalista

O concurso Santiago (e)tapas deste ano finalizou onte coa entrega de premios. ¡¡¡Chegamos a final!! Aínda que non fomos o primeiro posto alégranos igualmente da boa valoración dos nosos tapeadores.

Queremos aproveitar esta primeira fin de semana antes das festas de Nadal para facer unha última degustación da “Zorza de peixe sapo, escuma de San Simón e ovo de galo celta” a 2,50€. Achégate a visitarnos.

 

Horario de tapas:

  • Venres de 20.00 a 22.00h
  • Sábado de 13:00 a 14:30h e de 20.00 a 22.00h
  • Domingo de 13:00 a 14:30h

Benboa Compostela esta na Rúa do Preguntoiro, 41 en Santiago de Compostela.

BATALLA DE OLIVEIROS CON FIERABRAS NO CAMPO DAS DUNAS. VII Parte

Traduce el texto/Translate page
Textos de Domingo Regueira inspirado por unha anciá de Sirves que lle falou dunha batalla alí ocorrida e que ela descubriu nun libro que lle trouxo seu pai da Arxentina. Referencias da batalla atopadas no Códice Calixtinus.

 

Lugar: Campo das Dunas
Olveira – Bretal – Sirves- RIBEIRA, 777 (ano máis, ano menos)

 

PARTE VII

[lease en prosa]

…apenas aquesto oyó,
a el se arrojó diciendo:
Levantate noble amigo
que ahora curarte quiero
las dos mortales heridas,
que Dios te dará el remedio,

y Fierabrás le responde,
no dilates mucho el tiempo,
por que tengo diez mil hombres,
en el monte encubiertos;
lo atravesó en el Caballo,
y montó a las ancas luego,
y a pocos pasos que anduvo,
reparó y vio que salieron
los que estaban en el monte,
y delante un Caballero
a librar a su Señor
viene mas veloz que un viento.
Oliveros dixo amigo,
mucho en el alma lo siento,
el no poderte llevar
donde estan mis compañeros,
que viene toda tu gente,
y nos corre grande riesgo,
por la breña se metió
y en un arbol muy espeso,
lo dexó bien abrigado,
entre quexas y lamentos,
y volviendose a el camino,
vió venir a el Caballero
bien a delante de todos
determinante y soberbio,
como no tenia lanza, 
quiso aguardarlo en el suelo,
se desmontó de Caballo,
y llegó el Turco soberbio,
y a el tiempo de ir a tirarle,
pegó un bote tan ligero,
que se metió por debajo,
y lo agarro del pescuezo,
y quitandole la lanza,
tomó su escudo y el yelmo,
que es lo que falta le hacia,
y por despacharlo presto
con el pomo de la Espada,
le pegó un golpe tan recio
encima de la mollera
que le hizo saltar los sesos,

Descanso:

E preciso facer algunha aclaración ou se cadra, reflexión. Para determinar se o fin desta batalla, era evitar a expansión do islamismo ou simplemente quitarlle o rabaño os turcos pagáns, e pasar ó pastoreo os apostólicos cristiáns.

Habería que preguntarlles os da grada de Villadóns, se as condicións melloraron despois das confrontacións.

…se armó muy ligeramente,
llegó la tropa a ese tiempo,
y entró por medio de todos
sin el temor de los riesgos,
a unos hiere y a otros mata,
a otros derriba en el suelo,
y como es tanta la gente,
me lo pillaron en medio,
dándole algunas heridas,
lo llevaron prisionero.

Comeza a traxedia:

¿Fallou o incenso? ¿As pingas do hisopo? ¿As pregarias?

Aquí algo pasou para que o celestial apoio loxístico —dicía Roldán—.nos
cortara o subministro?

Deus ou o Apóstolo. Que asuntos importantes os ocuparían pra deixalos ó garete.

Como din os do Vaticano.

“¿Onde andarían?” ¿Por que agora se desencadea esta estrondosa desfeita?

Fue la nueva a Carlo Magno,
el cual acudió ligero
con la gente que tenía,
a socorrer a Oliveros:
se armó tan cruel batalla,
que los once Caballeros,
andaban por aquel campo,
como lobos carniceros,
y de los diez mil que había,
no quedaron ni ochocientos:
a este tiempo el Almirante,
volvió a enviar otro tercio;
pero viendo Don Roldan
que les ha entrado refuerzo,
mandó recoger su gente,
para unir los Caballeros.

Pero dos dez mil que había, nin oitocentos quedaron. E contando polos dedos, saen nove mil douscentos os mozos que alí quedaron; deixando, amores, familia e xogos, e anos non disfrutados.

Xa non falemos dos nosos, como din na actualidade, morreron pola mesma causa, víctimas da vaidade, dos considerados señores, “sangue da divinidade”.

Na época en que se extraía a area na explanada das Dunas descubriuse un atracadoiro antigo onde os barcos que subían polo río coa marea chea, o usaron para cargar a tella que nos fornos de Olveira, próximos a este peirao se elaboraba.

Pero al tiempo de juntarse,
apresaron cuatro de ellos,
y se ponen en huida

con esta presa que hicieron.
a este tiempo Carlo Magno,
fue recogiendo sus muertos,
encontró con Fierabrás,
muy mal herido y sangriento,
llevaronlo a San Alberto

y dentro de poco tiempo,
con bebidas y reparos
en breve en si lo volvieron,
pidió que lo Cristianasen
con grande fervor y celo,
dieron cuenta al Arzobispo,
y en la Iglesia de Postmarcos,
bautizan a Fierabrás,
donde sus padrinos fueron
el valeroso Roldan,
y el Guarín de Oliveros:
pusieronlo luego en cura,
y así que se vido bueno,
era azote de Turquía,
y castigo de protervos,
porque en todas las batallas
llevaba por compañero
a el Caballero Roldan,
mostrando muy bien su esfuerzo.

Y ahora Juan José López
a los lectores discretos
en otra tercera parte
les dirá el fin que tuvieron
los cinco pares de Francia,
que llevaron prisioneros.

 

NOTA RECENTE:

Despois de moitos anos, atopei o resto do romance (Terceira parte) que vos expoño en outros capítulos despois de que pasen estas datas de nadal nas que estamos. A min paréceme un pouco pesado pero; alá cada cal.
Ata o 18 de xaneiro!

O seguinte martes continuaremos coa batalla, suscríbete a listaxe “Todas as novas” do noso blogue para recibila no teu correo!

Quero recibir información da listaxe de:

¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.

"Arqueoloxia Barbanza"

Domingo Regueira defínese a si mesmo como un chapuzas artístico ou trapalleiro literario. Publica regularmente no seu perfil persoal de facebook e podes seguilo na súa páxina “Arqueoloxía Barbanza” onde atoparás mais do seu interesante traballo de investigación arqueolóxica da nosa contorna. Ademais, os seus contos actuais, cargados de sarcasmo, son publicados en La Voz de Galicia (sección Barbanza). Tamén é colaborador no blogue da Asociación Barbantia “Café Barbantia” e a miúdo debuxa. Unha das exposicións mais recentes foi no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal onde presentou unha serie de negras ilustracións sobre a obra do autor do esperpento.