Showing 7 Result(s)

Entrevistamos a “Nosa Granxiña”, unha alternativa ecolóxica e sostible

Traduce el texto

Hoxe temos o pracer de entrevistar a Sandra, a cara visible do proxecto Nosa Granxiña que se atopa en San Sadurniño na provincia da Coruña. Coñecémonos e seguímonos polas redes sociais e o seu perfil destaca pola tenrura coa que coida aos animais da súa granxa e como nos amosa en instagram o traballo que fai nela no día a día.

 

Entrevistador: Comezaches o proxecto dende cero ou por legado familiar?

Sandra: Primeiro que nada, quero darvos as gracias por esta entrevista e as palabras tan bonitas que me regalades, e sobre todo por valorar o meu traballo e querer compartir un pouquiño do noso proxecto co mundo.

Comezamos este proxecto dende cero, as nosas familias nunca adicáronse ao campo polo que a nosa decisión de levar este estilo de vida chocou bastante a todos.

E: Estamos encantados de coñecer proxectos como o voso así que é un pracer que aceptárades esta pequena entrevista. Canto tempo levades coa granxa?

S: Mudámonos ao campo fai xa dous anos, pero o proxecto e o ideal da Nosa Granxiña aínda non ten un ano de vida, tivemos un período grande de reflexión ate que decidimos que queríamos que este fose o noso futuro e nese preciso intre é cando naceu en si a Granxiña e todo o que acarrexa.

E: Por que decidiches comezar neste sector e que vinculación tendes coa aldea onde se atopa a granxiña?  

S: Moitos amigos que nos coñecen dende fai anos fannos a mesma pregunta! Ambos tiñamos moi claro que queriamos vivir na aldea e adicarnos de algunha maneira a ela pero non foi ata a pandemia que demos o salto de fe de intentar converter isto no noso traballo e no noso futuro. Tomamos a decisión mentres eu remataba o meu máster, así que aparquei un pouco o que nun primeiro momento sería a miña saída laboral para sacar a flote este soño. Tivemos a sorte de poder vivir en San Sadurniño xa que a familia de Jose, o meu marido e o outro membro da Nosa Granxiña, son de aquí.    

E: Cal é a vosa filosofía?  

S: Gústame moitísimo esa pregunta. Súelo resumir sempre a resposta dicindo que baséase no respecto; respecto ao noso entorno, utilizando técnicas de traballo que non danen o noso ecosistema autóctono; respecto aos animais, dándolles un trato agarimoso, cos mellores coidados e en libertade, e respecto tamén á tradición, valorando a forma ancestral de facer as cousas, con traballo, tempo e esforzo, sempre digo que traballamos como os nosos avós, con paciencia e paixón pero ca mentalidade moderna de dous millenials. [ri]  

E: Que tipo de animais criades? Que alimentación reciben? Tamén cultivades a horta? Cal é o propósito?  

S: Como aínda estamos comezando vamos pouco a pouco. Actualmente criamos galiñas, polos, coellos, ovellas, cabras e patos, aínda que nun futuro gustaríanos introducirnos no mundo das vacas porque é un soño para ambos; sempre intentamos que todos os nosos animais sexan de raza autóctona como forma de preservar a nosa identidade e valor cultural, aínda que non sempre nos é posible. Todos os animais que temos na Granxiña aliméntanse do campo, fan pastoreo durante todo o día ceibos e ás noites, para gardalos, dámoslles cereais coma millo, salvado ou herba seca. Tamén cultivamos a terra, aínda que eu son un pouco lamentable con iso e quédame moito que aprender…de momento a nosa horta é para autoconsumo propio e para os nosos animais pero a idea e poder aumentar as producións para poder achegar o campo á xente que non ten acceso a él.    

E: Escoitamos moito o de “voltar o rural” a esa España valeira… pero se é inviable a xente non apostará nunca pola repoboación do rural. Cales son os principais impedimentos que se atopan as granxas pequenas para subsistir?  

S: A falta de apoio e recursos, ese é sen dúbida o maior dos impedimentos, un dos maiores problemas que atopámonos ao comezar este estilo de vida era a falta de información e de axuda para a xente moza. Falando dende a miña experiencia, se realmente se busca “revivir” o mundo rural debe comezarse por unha educación básica sobre o que é e as oportunidades que ofrece porque aínda hoxendía segue a existir o estigma xeneralizado do que é o rural, a xente que habita nel e a falta de prosperidade, e nada mais lonxe da realidade; por iso naceu tamén Nosa Granxiña, para amosar que se pode ser mozo, ter estudos, e vivir no rural, e que mellor forma de cambiar mentalidades que ensinándoo de primeira man.   

E: No teu instagram mostras un anaco do teu día a día e parece un lugar de traballo idílico fronte a voráxine da cidade e o seu ritmo frenético, onde se aprende hoxe este oficio?  

S: Na mellor das escolas, nas experiencias e historias dos maiores. Cando cheguei aquí podo xurar que non sabía plantar nin unha mísera berenxena, comprei todo ao revés, equivoqueime mil veces…e non foi ata que me atopei ca miña veciña Josefa que aprendín de verdade todo o que existe detrás dunha semente; a importancia de coidar a terra, o coñecemento dos ciclos lunares, o saber identificar os ventos…todo. Agora tamén intento ampliar os meus coñecementos e gardar todos esos aprendizaxes da xente maior que me rodea para que non queden no esquecemento e poidan nutrir ás xeracións vindeiras; é unha bágoa que non ensinen nas escolas estas cousas, ao fin e ao cabo o traballo dos/as agricultores/as e gandeiros/as e o que alimenta á poboación.      

 

 

E: Estou de acordo contigo, ese coñecemento que non se aprende nas escolas e é fundamental para a vida, estase a perder e precisa de atención urxente. O traballo é fermoso pero coido que esgotador… Cales son as tarefas a facer nunha granxa? que é o mellor e o peor desde traballo? Cantas horas lle adicas no día?

S: As tarefas son moi variadas, mais ou menos atractivas e dependen moito do momento do ano no que se fagan; como rutina sempre está sacar aos animais a pastar, limpar cuadras, e limpar aos propios animais (cepillándoos ou facendo desparasitacións cotidianas) e sobre todo, vixíalos porque son demasiado argalleiros.

Despois hai traballos mais específicos como preparar a terra para a plantación ou recoller froitos, asistir aos partos cando toca…un sinfín de tarefas onde un nunca se aburre!

O mellor sen dúbida e a recompensa que da, poder vivir ceibe, alimentarte do que ti mesmo crías e traballas, e que os animais son realmente agradecidos e o deixan ver no día a día cos seus actos, e o peor…que non se pode loitar contra a natureza, por
moito que o intentes non podes controlar todo e iso e o que mais costa…

Unha granxa é un traballo de 24 horas ao día e 7 días á semana e oxalá foran mais porque cando o traballo é unha paixón deixa de ser un traballo.

E: Cun chisco de humor na tua canle de instagram imos coñecendo a tódolos habitantes da granxiña, os seus nomes e a boa relación que manteñen entre eles. Din que os animais son moi disciplinados e que teñen os seus hábitos, como o levas? Podes contarnos algunha anécdota?

S: Teñen os seus horarios e mais vale que non te retrases 5 minutos un día porque miña naiciña…[ri] son os xefes mais esixentes que existen e non atenden a razóns.
As mais divas neste sentido son as cabras…un día tiven que ir a cidade ao médico e decidín deixalas no cortello ata que eu chegase, nos seus malvados plans estaba remodelar o cortello por completo, asaltar a cuadra da coella e romper 2 sacos de millo, e por se non fora suficiente en canto me viron chegar ¡xuro que me cruzaban a cara! Son as drama queens da Granxiña… Temos tantas historias con estes pequerrechos que
poderíamos encher 3 libros…

Como vimos nesta entrevista con Sandra hai cousas que non veñen nos libros e é moi difícil atopar quen de resposta a certas preguntasCando é o tempo de podar? Cando é o tempo de matar o porco e salgalo? Cando hai que trasegalo viño? Cando se fai a salmoira e se salgan as sardiñas?

Os modernos carniceiros deberian ter en conta o matar ós porcos a lúa e as mareas, deste xeito a carne non mengua e así o aconsella a sabiduría popular de pais a fillos en Galicia. Hoxe en día todo ten unha explicación científica e artificial coa que perdemos as técnicas ancentrais e naturais para a conservación dos produtos de consumo. Produtos que acaban no noso organismo, menos mal que en Galicia aínda sabemos facer ben as cousas i ese é parte do segredo da nosa lonxevidade.

Despois do escoitado na tv e prensa estes días sobre as macrogranxas en España é alentador coñecer proxectos ecolóxicos e sostibles como Nosa Granxiña onde a boa crianza e o benestar animal prima por enriba de todo.

 

Suscríbete ao noso blogue e coñece interesantes proxectos como este.

 

"nosa granxinha"

Ola chámome Sandra e son unha granxeira millenial.

Despois de rematar os meus estudos de Dereito, posgrao e máster, decidín seguir a miña paixón e converter o meu amor polo campo nun proxecto de futuro. Así naceu Nosa Granxiña de man de dous mozos namorados que tiñan un soño en común: recuperar a tradición da vida no campo e compartir co mundo unha perspectiva moderna.

A través da nosa conta de Instagram compartimos o noso día a día, aprendizaxes e tamén equivocacións co obxectivo de ensinar, dignificar e facer valer o traballo no rural.

Nasas de Galicia en el puerto de Ribeira Foto del usuario Sechini en Flickr

As nasas de pesca en Galicia

Foto portada: Sechini en Flickr (Nasas en el puerto de Ribeira)

Traduce el texto/ Translate

Autor/a: Rafael Bañón Díaz

A pesca, xunto coa caza, constitúe a actividade máis antiga empregada polo home na consecución de alimento. A excepción do marisqueo e o uso do arpón, as primeiras trampas foron probablemente o método máis primitivo de pesca, aproveitando o fluxo da auga causado polos movementos das mareas e os cambios nos niveis dos lagos e ríos. A necesidade de crear un tipo de trampas móbiles, que se puidesen transportar e desprazar con facilidade deu orixe seguramente ás primeiras nasas.

Estructura das nasas de pesca

A nasa defínese como unha arte de pesca pasiva que permite entrar a presa pero dificulta a súa saída. Empréganse tradicionalmente para a captura de peixes, crustáceos e moluscos cefalópodos. As nasas clasifícanse dentro das artes de trampa, xunto con outras como as almadrabas e os voitiróns.

Constan as nasas de pesca basicamente dun armazón ou esqueleto, que é o que lle dá forma, e un revestimento que recubre o  armazón. Ademais, nas nasas modernas, podemos distinguir outras estruturas secundarias como a entrada ou embude, a través do cal as presas son conducidas ao interior da nasa á saída ou xareta, por onde se baleira a nasa, extraendo a captura do seu interior e o porta-isco, que leva o isco dentro da nasa.

Os aparellos de pesca que nos ocupan vanse denominar segundo a especie obxectivo á que se dirixe, así temos por exemplo a nasa de lagosta, nasa de nécora-camarón, nasa de polbo e nasa para peixes  ou nasa fanequeira.

nasas de pesca de nécora camarón
Nasa nécora-camarón
nasas de pesca fanequeira
Nasa fanequeira

Evolución das nasas de pesca

Estas artes de pesca foron evolucionando e adaptándose aos intereses comerciais e alimenticios de cada época.

A nasa de choco, utilizada nos fondos das rías, son nasas moi voluminosas, de madeira ou ferro, que contrariamente ao resto de nasas, non utiliza un isco de carácter alimenticio, senón un reclamo reprodutivo, que busca a necesidade vital de reproducirse do choco. En Galicia o método máis estendido é a presenza de ramas de piñeiro ou de loureiro dentro das nasas para que o choco faga a posta e, en ocasións, un choco femia vivo.

nasas de pesca do choco de Ortigueira
Nasa de choco de Ortigueira, o único sitio onde ten esta forma e tamaño.

Pola contra, a nasa de anguía era unha nasa de pequenas dimensión, actualmente está en desuso, foi probablemente a máis primitiva, utilizada xa nos ríos antes do desprazamento das poboacións primitivas cara á costa. Cara a finais do século XX, as nasas de anguía substituíronse por outra arte de menor custo, ao non necesitar isco, o voitirón.

Outra nasa en desuso é a nasa de lagosta. Está documentada en Galicia dende polo menos o século  XVIII. Nalgúns portos do norte de Galicia o seu uso comezou co roubo das nasas dos barcos franceses que faenaban naquela época nas nosas costas, dado o alto valor que alcanzaba a lagosta nos mercados franceses.

nasas de pesca da anguía ou camarón
Nasa de camarón ou anguía
nasas de pesca da langosta
Nasa de langosta

Durante o século XX, coa chegada do desenvolvemento económico e o estado de benestar desenvolvéronse as pesqueiras con nasas para marisco. A primeira pesqueira de importancia que nace neste século é a de dous crustáceos: a nécora (Necora  puber) e o camarón (Palaemon  serratus), cuxo orixe o podemos datar entre 1940-50 aproximadamente.

Cara ao 1971 aproximadamente na area de Fisterra e dado que nas capturas dás nasas de nécora-camarón entraban  sempre algún polbo, nace a nasa de polbo, cunhas lixeiras modificacións dá nasa de nécora-camarón, principalmente un alongamento do embude de entrada para dificultar que ou polbo fuxira e unha bolsa de porta iscos no seu interior que dificulta o acceso ao isco e alonga por tanto a estancia do polbo dentro da nasa.

Por último, a nasa de centola estivo prohibida durante moitos anos, salvo uns cantos barcos dá Illa de Arousa que o tiñan permitido desde tempos antigos no seu permiso de explotación. A nasa de centola foi engadida no Decreto de Artes de Pesca Permitidas para Galicia do 2011.

nasas de pesca da centola
Nasa de centola
nasas de pesca do polbo
Nasa de polbo

Actualmente, as nasas son artes de pesca amplamente utilizadas pola flota artesanal galega. As nasas teñen un poder de pesca moderado e teñen a vantaxe sobre outras artes que as capturas mantéñense vivas e poden ser devoltas ao mar polo que os descartes e a mortalidade das especies non comerciais é moi baixo.

 

"Peixes de galicia"

Rafael Bañón Díaz é biólogo do Grupo de Estudo do Medio Mariño-GEMM.

Podes seguilo na conta de facebook Peixes de Galicia onde a miúdo comparte curiosidades sobre ictioloxía e bioloxía mariña de Galicia e cercanías.

andar na bicicleta

6 razóns para andar na bicicleta

Traduce el texto/ Translate

Tanto para o planeta como para nos mesmos andar na bicicleta é unha actividade do mais saudable. Sendo sinceros non imos dicir que consultes co teu médico se podes andar na bici, o que si te aconsellamos é que non montes se non sabes montar. Con facer esta actividade con regularidade comprobaremos os seus beneficios de inmediato.

Tanto camiñar como andar en bici son as ferramentas que manteñen ó noso corpo a punto. ¡Hai que moverse pero comezando amodiño!

 Andar na bicicleta…

1. Mellora o noso estado de ánimo.

O tempo que pasamos facendo exercicio permítenos meditar os problemas do día a día facendo auto-terapia, o cerebro osixenado permítenos pensar mellor.

2. Aporta axilidade ó body

Estamos oxidados, mais en Galicia, esta humidade agarrota os osos. Andar na bici e beber auga cada día é todo o que precisamos para poñer en marcha a maquinaria.

 

3. Reduce o risco de infarto

Cando pedaleamos o ritmo cardíaco aumenta e a presión sanguínea decrece como resultado: un corazón que traballa reduce as posibilidades de ter alto o colesterol malo ou de sufrir enfermidades cardíacas.

4. Andar na bicicleta xera endorfinas

As chamadas “hormonas da felicidade” xéranse facendo exercicio, mellora a nosa relaxación e a liberación de estres .

Andar na bicicleta

 

5. Reforza o noso sistema inmunolóxico

Practicar bicicleta produce células inmunolóxicas que atacan as bacterias infecciosas que entran no organismo.

 

6. Andar na bicicleta trae beneficios económicos e ambientais.

O uso da bici, en detrimento do coche ou de outros transportes motorizados, se traduce nun aforro económico ademais de loitar contra a contaminación.

 

Sería entretido facer a ruta do camiño da Orixe dende Corrubedo a Compostela en bicicleta, pero non queremos dar ideas…

Andas na bici? Fixestes algunha aventura en ela? Dille ao que tes ao lado: mira, só con coller a bicicleta todo que gañas! Comenta neste post as tuas experiencias.