Showing 32 Result(s)
Santiago e-tapas

XIV edición do Santiago e-tapas

Dende que aterrézamos en Santiago de Compostela en Benboa sempre participamos no concurso Santiago e-tapas. Este concurso de tapas celébrase no mes de novembro. Este ano adiántase un pouco mais para non facelo coincidir coas ceas do Nadal. Do 27 OUT – 13 NOV podes degustar e votar por estas exquisitas tapas nos locais hostaleiros participantes da cidade sacra.
Ditas tapas teñen un módico prezo que axuda a organizar este concurso cada ano. Podes coñecer (en canto se publique) a ruta das tapas na páxina web da organización do evento Santiago e-tapas.

Unha ruta, a do Santiago e-tapas

Nesta ocasión en Benboa participamos con unha tapiña que non vos vai deixar indiferentes:

Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto

Ingredientes: Pan bao, boloñesa de bonito (bonito fresco, tomate e cebola, cenoria, allo, viño godello, pementón, pementa, sal e salsa chipotle), pesto (aove, pipas, albaca, queixo parmesano), queixo de Arzúa.

Iremos adiantando detalles a través das nosas redes sociais nestas semanas de concurso. Séguenos e non lle perdas a pista a nosa proposta deste ano. Lembra que a proposta do ano pasado “Zorza de peixe sapo con patacas fritas e ovo” forma parte da nosa carta tras o éxito obtido. Se che gusta tanto o bao de boloñesa vota por él para que o incluamos na carta.

Ves facer a ruta das tapas a Santiago de Compostela? Atento aos premios de este ano en santiagoetapas.gal

VIII Menú Noite Benboa en Corrubedo

Aínda que hoxe xoves 23 de xuño non estaremos abertos en Corrubedo si temos pensado celebrar o San Xoán!

Cando? Venres e sábado. Como? Disfrutando do noso menú de noite:

 

APERITIVO DE BENVIDA

ENTRANTES
ENSALADA CESAR DE COGOLLOS E LANGOSTINO CROCANTE
VOLANDEIRAS CON CEBOLIÑA VERMELLA E VINAGRE DE MAZÁ
ZORZA DE PEIXE SAPO CON PATACA PANADERA E OVO POCHÉ

PRATO PRINCIPAL
PRESA DE PORCO CON CACHELIÑOS ASADOS E PURÉ DE BONIATO ASADO

DOCE
TARRIÑO DE FROITAS DO BOSQUE E MOUSSE DE QUEIXO
COCTEL DE SOBREMESA E CAFÉS INCLUÍDOS

25 €

*Prezo por persoa. Bebidas aparte.

¡RESERVA ONLINE!