Showing 32 Result(s)

Solicita o menú da Cea de Fin de Ano

Estamos elaborando o menú da Cea de Fin de Ano. Tes pensado vir a pasar esta noita máxica con nós? Queres ser o primeiro en coñecer o menú especial? Anótate para ser o primeiro en recibilo!

A CEA DE FIN DE ANO DE BENBOA CELÉBRASE NOS LOCAIS DE CORRUBEDO E COMPOSTELA.

+q tapas 2022 Ribeira

Chegou o +q tapas 2022 de Ribeira

Esta fin de semana 2, 3 e 4 de decembro celebramos o tradicional +q tapas 2022 de Ribeira no Benboa de Corrubedo, así que…animaste a pasar un fin de semana diferente?

A proposta +q tapas de Benboa

Polo prezo de 2,5€ podes degustar a nosa proposta deste ano, o delicioso “Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto” .

Ingredientes: Pan bao, boloñesa de bonito (bonito fresco, tomate e cebola, cenoria, allo, viño godello, pementón, pementa, sal e salsa chipotle), pesto (aove, pipas, albaca, queixo parmesano), queixo de Arzúa.

Arrancamos coas tapas

A ruta +q tapas 2022 iniciase este venres 2 de decembro ás 20.00h no restaurante Casa Alján de Ribeira quen alberga o túnel do viño coa participación do sumiller Juanjo Figueroa Treus.

Participar ten premio!

As votacións realizaranse a través dun código QR e os votantes participaran en catro sorteos de experiencias na zona fusionando así o turismo enogastronómico co turismo experiencial e potenciando o destino Barbanza Arousa nos mercados de proximidade.

PREMIOS

  • Unha comida para 2 persoas no Restaurante O Curral do Marqués (Rianxo).
  • Un bautismo de deporte acuático para dúas persoas a cargo de Turismo Náutico Activo Palmira Scuba.
  • Un paseo pola Ría de Arousa en barco para 2 persoas a cargo da empresa de turismo naútico Oceanic Arousa Tours.
  • Dúas entradas para escoller espectáculo na Pousada da Galiza Imaxinaria (de xaneiro a marzo de 2023).



Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto

Bao recheo de boloñesa

A proposta de Benboa: Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto

Ata o día 13 de novembro poderás degustar esta tapa orixinal que preparamos para o concurso do Santiago (é)tapas.

Bao recheo de boloñesa      Bao recheo de boloñesa

Que é o Santiago (é) tapas?

Un concurso de tapas entre a hostelería de Santiago de Compostela no que pode participar todo o mundo.

Cando se celebra o concurso? 

Cada ano chegado o outono. Este 2022 do 27 de outubro ao 13 de novembro.

Cantas rutas de tapas hai?

Existen 6 rutas de tapas entre elas este ano tres extra: Gluten free, Pet friendly e a Ruta Veggie. Podes velas todas nesta ligazón.

En que rutas se atopa Benboa?

Estamos na ruta do camiño do Norte e tamén na ruta Pet friendly.

Cales son os premios por participar?

Unha vez completada e selada unha ou varias (é)tapas no teu Tapasporte (podes pedilo na Oficina de Turismo,  na Asociación Hostalaría Compostela ou nos locais participantes), preséntao na Oficina de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63) e consigue o teu agasallo.

TAPASPORTE A – TAPASPORTE B 

Premios directos ata finalización de stock (poderán ser canxeados por outros de igual valor en función da dispoñibilidade).

Os agasallos poderán recollerse na Oficina Municipal de Turismo (Rúa do Vilar, 63) ata o 1 de decembro de 2022 (incluído) en horario de 10.00 a 18.00 h.

1 (é)TAPA COMPLETADA

1 agasallo a elixir entre:

— 2 entradas para Cineuropa ou
— 1 mandil de Compostela Diversa ou
— 1 regalo promocional Mahou

2 (é)TAPAS COMPLETADAS

— Mandil Santiago(é)Tapas

3 (é)TAPAS COMPLETADAS

1 agasallo a elixir entre:

— 1 pack de viños ou
— 1 botella de Áncora de Silleiro

4 (é)TAPAS COMPLETADAS

1 agasallo a elixir entre:

— 1 abono para a temporada da SD Compostela ou
— Vale de 50€ para o Mercado de Abastos

5 (é)TAPAS COMPLETADAS

— 1 abono dobre para toda a tempada do Obradoiro CAB

6 (é)TAPAS COMPLETADAS

— Cea para dúas persoas no restaurante gañador do Santiago(é)Tapas da edición anterior: A Maceta.

Premios directos ata finalización de stock.

AGASALLO A SORTEAR ENTRE TODAS AS PERSOAS QUE VOTEN A TRAVÉS DOS CÓDIGOS QR:

— Cea para dúas persoas no restaurante A Horta d’Obradoiro, cortesía de Cervezas Alhambra.

* RUTA VEGGIE

Polo consumo de 10 tapas da Ruta Veggie: 

– Xogo de catro cuncas de Artesanía de Galicia (premio directo ata finalización de stock)

– Participación nun sorteo dunha cesta de produtos veganos e vexetarianos

*RUTA SEN GLUTE

Polo consumo de 10 tapas da Ruta Sen Glute: 

– Xogo de catro cuncas de Artesanía de Galicia (premio directo ata finalización de stock)

– Participación nun sorteo dunha cesta de produtos sen glute da Asociación de Celíacos de Galicia.

* RUTA PET-FRIENDLY (CAN CAT)

Polo consumo de 10 tapas da Ruta Pet-Friendly: 

– Xogo de catro cuncas de Artesanía de Galicia (premio directo ata finalización de stock)

– Participación nun sorteo dun ‘Plan Vacinal’ para unha mascota para todo un ano + un regalo sorpresa de Can Cat.

Como votar polo “Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto” de Benboa ?

Escanea o código QR que atoparás nos local e completa o formulario online.

Dende un mesmo terminal só se admitirá un voto por tapa participante.

Horario de tapas de Benboa?

Atópanos de 13:30-15:00/ 20:00-22:00 (excepto domingo noite e luns todo o día que pechamos por descanso)