Showing 17 Result(s)

Donuts de “Boniato” (pataca doce) e chocolate

Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

INGREDIENTES (6 unidades)
  • 200 gr. de pataca doce asada (“boniato”)
  • 2 ovos
  • 3 culleradas de aceite de coco
  • 35 gr. de cacao en po 100%
  • 2 culleradas de pasta de dátiles
  • 30 gr. de fariña de arroz
  • 30 gr. de fariña fina de millo
  • 1 culleradiña de fermento
  • 5 onzas de chocolate 70% cunha culleradiña de aceite de coco (para bañalos)
  • Fideos de chocolate, boliñas de cores ou crema de abelás (para adornar)
ELABORACIÓN
  1. – Prequentar o forno a 200º C.
  2. – Partir a pataca doce asada (” boniato”). Engadir todos os ingredientes e triturar.
  3. – Repartir a masa no molde para donuts, enchéndoo ata arriba.
  4. – Enfornar durante 15 minutos a 200 graos.
  5. – Deixar arrefriar sobre unha reixa.
  6. – Fundir o chocolate no microondas cunha culleradiña de aceite de coco e bañar os donuts.
  7. – Adornar con fideos de chocolate, boliñas de cores, crema de abelás…
A “boniato” é rico en betacarotenos e se o asas previamente converterase en amidón resistente. O chocolate puro contén polifenoles, é probiótico e o ovo proporciona vitaminas B12 e D, así que estes donuts non son só un capricho. Que os disfrutedes!

    ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

    A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

    "Disfruta sin gluten"

    Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

    Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

    Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

    Ensalada de quinoa, pementos asados e xurel ao forno

    Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

    INGREDIENTES
    • Quinoa
    • Pementos vermellos, verdes e amarelos
    • 1 xurelo aberto
    • 1 dente de allo
    • 1 cenoria
    • Sementes de sésamo
    • AOVE, sal, pementa negra
    ELABORACIÓN
      1. – Prequentar o forno a 200º C.
      2. – Lavar a quinoa. Cocer en auga con sal. Retirar a auga e reservar.
      3. – Asar o xurelo ao forno durante 20-30 minutos. Cando arrefríe, retirarlle as espiñas e a pel.
      4. – Asar os pementos durante unha hora, ao mesmo tempo que o peixe, pero noutra fonte. Darlles a volta cando leven 30 minutos no forno. Ao sacalos do forno, cubrilos. Pelalos cando arrefríen e aderezalos con AOVE, sal e pementa.
      5. – Pelar, laminar e sofritir un dente de allo (mellor ao wok). Pelar e cortar a cenoria co pelador.
      6. – Engadir a cenoria ao sofritido. Incorporar a quinoa e as sementes de sésamo e saltear durante un par de minutos.
      7. – Empratar a quinoa cos pementos e o peixe cun pouco de AOVE e sal en escamas.
      Este prato está delicioso tanto frío como quente. A quinoa é un pseudocereal que posúe unha gran cantidade de proteínas. De fácil dixestión, é rica en ferro e vitaminas do grupo B e E. Tamén posúe saponinas, polo que é moi importante enxuagala baixo auga fría antes de cociñala.

        ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

        A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

        "Disfruta sin gluten"

        Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

        Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

        Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

        Torta de mirabeles con chocolate branco

        Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

        INGREDIENTES
        • 400 gr. de mirabeles en caldo de azucre
        • 1 plátano maduro
        •  3 ovos
        • 50 gr. de manteiga a temperatura ambiente
        • 100 gr. de chocolate branco
        • 100 gr. de fariña de repostería sen glute
        • 200 ml. de bebida de améndoas
        • 1 chisco de sal · Aroma de vainilla
        • Améndoa partida
        ELABORACIÓN
        1. – Eliminar o caldo de azucre dos mirabeles. Retirar o óso e partir en cuartos e metades.
        2. – Poñer os mirabeles no molde.
        3. – Triturar o plátano, os ovos, o aroma de vainilla e o chisco de sal. Engadir a fariña tamizada.
        4. – Derreter o chocolate branco e a manteiga no microondas (ou ao baño maría). Engadir á mestura e incorporar o leite.
        5. – Verter toda a mestura sobre os mirabeles e enfornar a 160 graos, con calor do forno arriba e abaixo, durante unha hora.

        O mirabel é unha cirueliña pequena, amarela, doce e aromática característica dalgunhas zonas de Galicia. É pequena como a cereixa, pero ten un sabor parecido ao do albaricoque. Recóllese no mes de xullo, pero podemos atopalo en conserva todo o ano. Contén antioxidantes, vitaminas A e C e minerais como calcio, fósforo, magnesio e potasio. Un auténtico tesouro.