Showing 117 Result(s)
donde comer bien en oviedo 

Dónde comer bien en Oviedo

El mar inunda El Café Dólar

En la Plaza Porlier puedes encontrar el mejor sitio dónde comer bien en Oviedo. En Benboa llevamos unos meses cocinando saludables productos del mar en el histórico Café Dólar de Oviedo.

 

dónde comer bien en Oviedo

 

“Benboa” escrito en castellano de forma separada significa “Bien Buena”. El nombre hace alusión a la cocina tradicional de nuestras abuelas y fue la elección de marca por la que apostamos fuerte hace ahora 10 años en el pequeño pueblo pesquero de Corrubedo en A Coruña.  Empezamos recuperando una vieja fábrica de salazón y la convertimos en un peculiar restaurante marinero con una cocina saludable basada en recetas tradicionales con un toque innovador haciendo que el estilo de vida y la “dieta atlántica” ocupase un lugar importante en el mapa.

dónde comer bien en Oviedo

Lo apostamos todo por recuperar los orígenes del auténtico sabor de la cocina tradicional, por eso utilizamos productos de proximidad entre los que destacan pescados y mariscos. Esto se traduce en un buen hábito de consumo y el beneficio de cocinar el producto en su mejor momento para obtener todas sus propiedades. Trabajamos el ahumado, los escabeches o las brasas técnicas tradicionales de conservación muy comunes en los pueblos marineros del norte.

Benboa Oviedo es toda una experiencia marítima, la carta se compone completamente de originales snacks de mar. Entre las propuestas conviven recetas tradicionales de la gastronomía marinera del norte de España, como el pulpo á feira, las almejas a la marinera o la empanada de maiz, con otras preparaciones más innovadoras y con guiños a otras cocinas, como el ceviche de corvina, unas albóndigas de jurel con curry, un hot dog de pulpo o una pizza con boloñesa de bonito. Propuestas muy atractivas adaptadas a un grupo muy amplio y diverso. Si buscas dónde comer bien en Oviedo sin duda encontrarás cada uno de estos platos de mar apetecible para compartir con amigos o familiares. 

Cada semana se ofrecen sugerencias elaboradas con el producto de temporada proveniente de las lonjas de Galicia y Asturias, desde unas navajas simplemente abiertas al natural hasta pescados enteros cocinados en las brasas del horno Josper.

dónde comer bien en Oviedo

Sorprende a tus invitados

En Benboa disponemos de servicio take away (o recogida para llevar) para que también, solo con una llamada, puedas disfrutar de nuestra cocina en casa. (Cómo realizar pedidos? Consultar carta a través de benboa.com/oviedo/carta y pedir en el Tlf: 684 61 75 00)

Consulta el horario de apertura en www.benboa.com/oviedo/horario Reservas: 684 61 75 00

Más datos en: https://benboa.com/notas-na-prensa

 

dónde comer bien en Oviedo
Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto

Bao recheo de boloñesa

A proposta de Benboa: Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto

Ata o día 13 de novembro poderás degustar esta tapa orixinal que preparamos para o concurso do Santiago (é)tapas.

Bao recheo de boloñesa      Bao recheo de boloñesa

Que é o Santiago (é) tapas?

Un concurso de tapas entre a hostelería de Santiago de Compostela no que pode participar todo o mundo.

Cando se celebra o concurso? 

Cada ano chegado o outono. Este 2022 do 27 de outubro ao 13 de novembro.

Cantas rutas de tapas hai?

Existen 6 rutas de tapas entre elas este ano tres extra: Gluten free, Pet friendly e a Ruta Veggie. Podes velas todas nesta ligazón.

En que rutas se atopa Benboa?

Estamos na ruta do camiño do Norte e tamén na ruta Pet friendly.

Cales son os premios por participar?

Unha vez completada e selada unha ou varias (é)tapas no teu Tapasporte (podes pedilo na Oficina de Turismo,  na Asociación Hostalaría Compostela ou nos locais participantes), preséntao na Oficina de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63) e consigue o teu agasallo.

TAPASPORTE A – TAPASPORTE B 

Premios directos ata finalización de stock (poderán ser canxeados por outros de igual valor en función da dispoñibilidade).

Os agasallos poderán recollerse na Oficina Municipal de Turismo (Rúa do Vilar, 63) ata o 1 de decembro de 2022 (incluído) en horario de 10.00 a 18.00 h.

1 (é)TAPA COMPLETADA

1 agasallo a elixir entre:

— 2 entradas para Cineuropa ou
— 1 mandil de Compostela Diversa ou
— 1 regalo promocional Mahou

2 (é)TAPAS COMPLETADAS

— Mandil Santiago(é)Tapas

3 (é)TAPAS COMPLETADAS

1 agasallo a elixir entre:

— 1 pack de viños ou
— 1 botella de Áncora de Silleiro

4 (é)TAPAS COMPLETADAS

1 agasallo a elixir entre:

— 1 abono para a temporada da SD Compostela ou
— Vale de 50€ para o Mercado de Abastos

5 (é)TAPAS COMPLETADAS

— 1 abono dobre para toda a tempada do Obradoiro CAB

6 (é)TAPAS COMPLETADAS

— Cea para dúas persoas no restaurante gañador do Santiago(é)Tapas da edición anterior: A Maceta.

Premios directos ata finalización de stock.

AGASALLO A SORTEAR ENTRE TODAS AS PERSOAS QUE VOTEN A TRAVÉS DOS CÓDIGOS QR:

— Cea para dúas persoas no restaurante A Horta d’Obradoiro, cortesía de Cervezas Alhambra.

* RUTA VEGGIE

Polo consumo de 10 tapas da Ruta Veggie: 

– Xogo de catro cuncas de Artesanía de Galicia (premio directo ata finalización de stock)

– Participación nun sorteo dunha cesta de produtos veganos e vexetarianos

*RUTA SEN GLUTE

Polo consumo de 10 tapas da Ruta Sen Glute: 

– Xogo de catro cuncas de Artesanía de Galicia (premio directo ata finalización de stock)

– Participación nun sorteo dunha cesta de produtos sen glute da Asociación de Celíacos de Galicia.

* RUTA PET-FRIENDLY (CAN CAT)

Polo consumo de 10 tapas da Ruta Pet-Friendly: 

– Xogo de catro cuncas de Artesanía de Galicia (premio directo ata finalización de stock)

– Participación nun sorteo dun ‘Plan Vacinal’ para unha mascota para todo un ano + un regalo sorpresa de Can Cat.

Como votar polo “Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto” de Benboa ?

Escanea o código QR que atoparás nos local e completa o formulario online.

Dende un mesmo terminal só se admitirá un voto por tapa participante.

Horario de tapas de Benboa?

Atópanos de 13:30-15:00/ 20:00-22:00 (excepto domingo noite e luns todo o día que pechamos por descanso)

coitelos

Coidado! Coitelos

O bo estado das ferramentas de cociña confire unha boa presentación as propostas culinarias. Nesta edición de Caldo de faragullas falamos sobre coitelos e algún truco para o seu correcto mantemento.

Tipos de coitelos

Sabemos que un coitelo afiado e ben coidado é dun cociñeiro. Sempre temos o noso preferido para tódolos o usos. Nembargantes,  para certos alimentos, convén escoller o axeitado para non desgastar o bordo. Cada coitelo ten un comportamento  distinto. Isto significa que a capacidade de corte non é a mesma nun coitelo novo que nun usado.

 

coitelos
coitelos

 

Coitelo pataqueiro (puntilla)

Tratase de ese coitelo que sempre atoparás atravesado pola cociña, é un dos peladores mais xeitosos para cortar patacas. Pequeno, lixeiro e manexable cunha punta moi afiada,  serve para pelar todo tipo de tubérculos, froitas e verduras.

Coitelo ceboleiro, “de chef” ou cociñeiro

Atoparás que algúns coitelos ceboleiros teñen buracos na folla para impedir que os alimentos se peguen. Para cortar de xeito rápido e fino os ingredientes de dureza media-alta, debes suxeitalo pola parte máis próxima ao mango, a parte máis cómoda para traballar coa cebola, o pemento ou as carnes.

Xamoneiro

Coñecese con este nome a un tipo de coitelo de folla longa, estreita e flexible acabado en punta afiada. Os profesionais do sector din que o corte manual axuda a conservar as propiedades organolépticas do produto. Este coitelo vai acompañado amiudo de un afiador de man e outras ferramentas profesionais.

Coitelos de serra

Tratase dun coitelo de folla longa e dura co bordo en serra axeitado para cortar o pan. Ademais, hai coitelos de serra menos aguda que se utilizan para cortar tomate ou produtos brandos con corteza dura. Podemos atopar ademais de coitelos peladores cos bordos dentados para este tipo de traballo.

Coitelo para filetear

Delgado, con folla estreita e bordo fino. Úsase para trinchar todo tipo de carnes.

Machete ou coitelo de carniceiro/a

Cunha folla estable e ancha, de forma rectangular, apta para picar grandes pezas de carne, ósos de aves e costeletas.

Infinidade de estilos

 

“Dependendo da cultura de cada pais atoparás outros tipos de coitelos tan multiusos como o noso ceboleiro. O coitelo santoku é o favorito da cociña asiática conta cunha folla ancha e moi afiada. Ten tres usos principais: carne, peixe e verduras.”

Coco chef de Benboa Corrubedo

O coitelo de salmón ou o coitelo de pescada son específicos nas peixarías. No mercado atoparemos todo tipo de coitelos con bordos diferentes para cortar con xeito. O mais importante é facer un bo uso e mantemento das ferramentas.

Mantemento dos coitelos

  1. Lembra limpalos e secalos canto antes, algúns ácidos de verduras e froitas atacan a folla.
  2. Gárdaos nun lugar onde non se toquen entre eles, os roces poden desgastar as follas.
  3. Recomendase almacénalos nun bloque de madeira.
  4. Lávaos a man, os lavalouzas desgastan os mangos de madeira e os bordos.
  5. Afíaos de cando en vez para atopalos sempre a punto.

Segue os nosos reels para coñecer mellor a sección Caldo de Faragullas.

Suscríbete ao noso blogue e recibe todo no teu correo!