Para coidar da piel: dieta atlántica
Agora que se acerca o verán, é importante protexernos da radiación solar. É importante non tomar o sol en horario de máxima exposición, usar protector solar, incluso cando non nos expoñamos de forma directa ou cando estea nubrado, sempre con un protector mínimo de 30, e repetir a aplicación cada 2 horas.
Ademais de todas estas recomendacións, unha alimentación adecuada pode axudarnos a protexernos do sol. Nesta alimentación, podemos destacar 5 alimentos que se inclúen na dieta atlántica:
1. Cenoria
Alimentos con unha gran concentración de pigmentos naturais (betacaroteno), son máis propensos a producir un cambio pronunciado no ton da pel. Pero o consumo para notar os efectos na pel debe ser continuado e non servirá de nada tomar unha cenoria de forma illada, nin levar unha cenoria para á praia .
2. Brócoli
Contén fibra, é baixo en calorías, saciable e pódese consumir de moitas formas diferentes, en frío, en ensaladas, combinado con numerosos alimentos… Tamén é un alimento rico en betacarotenos, precursores de vitamina A, que estimulan a produción de melanina, de maneira que protexen a pel ao mesmo tempo que potencian o bronceado.
3. Noces
Son ricas en vitamina E, que é un poderoso antioxidante que pode axudar a retrasar o proceso de envellecemento das células, polo tanto, nada mellor que un puñado de noces para protexer a pel.
4. Ovo
Contén unha boa dose de coláxeno, proteína máis abundante no corpo, pero que diminúe a medida que envellecemos. Polo tanto, é recomendable asegurar unha correcta inxesta de proteína. Outros alimentos con coláxeno son a carne vermella, o polo, o peixe, a froita, verduras, allo e cebola.
5. Pemento vermello
É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, que ademais, en verán, atópase en plena temporada. A vitamina C é un potente antioxidante que activa as defensas. Outros alimentos son os kiwis, as fresas, o perexil e froitos vermellos.
O consumo de peixe é perfecto para a pel xa que aporta vitaminas liposolubles que axudan a manter unha textura suave i elástica. Tamén existe unha evidencia prometedora na redución de enrrugas e sinais de envellecemento pero de isto e outros beneficios do consumo de peixe en detalle falaremos mais adiante.
Gustouche este artigo de Andrea? Comenta, opina e comparte!