Showing 117 Result(s)

Traslatio, a historia dunha viaxe

 

Por mor da celebración esta semana do Día Mundial dos Museos hoxe no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela  e ata o día 20 de maio na súa programación inclúe a proxección do documental divulgativo “Traslatio, a historia dunha viaxe” sobre a lenda fantástica da «Traslatio», na que se narra como o corpo do apóstolo Santiago chega até o noroeste da Península Ibérica.  Esta narración percorre os lugares e os acontecementos relatados no lendario onde se conta a chegada do corpo de Santiago desde Jaffa ao definitivo enterramento no bosque do Libredón. 

Podes ver o documental divulgativo «A Traslatio» no Auditorio do Museo das Peregrinacións
Pases continuos desde as 11:00 ás 13:00 en galego, castelán e inglés.
Todos os públicos

Visitas contadas
Ás 12:00h e ás 18:00h
Todos os públicos

Este ano o lema do DIM convídanos a reflexionar sobre o ‘Poder dos Museos’. Nestas visitas contadas especiais DIM veremos o poder destas entidades. Poñeremos unha lupa en toda a vida invisible que se esconde detrás dos marcos, peanas e vitrinas dos Museos. O noso obxectivo é poñer a disposición da cidadanía o seu patrimonio artístico e cultural, con todas as reviravoltas que implica. 

Visitas dispoñibles até completar capacidade. Non quedes sen a túa praza e anticípate en reservas.mdperegrinacions@xunta.gal ou no 881.867.40

Achegamoste a ligazón por se non te podes achegar a Santiago VER EN YOUTUBE

 

 

III Menú Noite Benboa en Corrubedo

Elemental para a fin de semana en Corrubedo: Menú Noite Benboa, 20 e 21 de maio.

 

APERITIVO DE BENVIDA

ENTRANTES

CAUSA LIMEÑA CON ENSALADILLA DE CENTOLO

POLBO Á GRELLA CON PILPIL DE ALLADA E PARMENTIER CON QUEIXO AFUMADO

ALBÓNDIGAS DE XUREL AO CURRY CON ARROZ BASMATI E PAN DE PITA

PRATO PRINCIPAL

SEGREDO DE PORCO CON VERDURIÑAS SALTEADAS AO WOK

DOCE

CHOCOLATE DE TRES XEITOS

COCTEL DE SOBREMESA E CAFÉS INCLUÍDOS

25 €

*Prezo por persoa. Bebidas aparte.

 

 

¡RESERVA ONLINE!

 

II Menú Noite Benboa en Corrubedo

Exitoso foi o noso Primeiro Menú Noite Benboa de Maio así que este venres 13 e sábado 14 seguimos en racha! Ven pasar unha noite a carón do mar en Corrubedo co placer de degustar a nosa gastronomía:

APERITIVO DE BENVIDA
ENTRANTES
MEXILÓNS CON VIZCAÍNA DE CHIPOTLE
SAAM DE LANGOSTINO CROCANTE CON SALSA DE IOGUR E SEMILLAS DE MOSTAZA
TACO DE XARRETE ESTOFADO CON QUEIXO AFUMADO E ENCURTIDOS
PRATO PRINCIPAL
XARDA Á BRASA CON CACHELOS ESMAGADOS E VERDURIÑAS
DOCE
TORRIJA DE BRIOCHE CON XEADO DE VAINILLA
COCTEL DE SOBREMESA E CAFÉS INCLUÍDOS

25 €

*Prezo por persoa. Bebidas aparte.