Showing 28 Result(s)
camiño a orixe

A Orixe: O camiño de Santiago dende Corrubedo a Compostela.

Anímaste a facer esta ruta xacobea a Compostela?

Dificultade: Baixa Distancia: 130 km

Para quen aínda non o saiba fai un ano da presentación da ruta xacobea de 130 km que une Corrubedo con Compostela que foi promovida pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar tras un intenso traballo e aos que debemos dar as grazas por poñela en valor.

Esta nova vía de peregrinación ten por nome “A Orixe” pois segundo contan as referencias históricas atopadas o defunto do apóstolo Santiago veu dende Terra Santa a Galicia arribando a nosa costa.

Á tradición oral sumase aos documentos pois xa conta a lenda da vila mariñeira de Corrubedo que no lugar das pedras do Río do mar, está marcada a pezoña do cabalo do apóstolo cando galopaba as nosas terras.

“As pegadas do camiño” exposición comisariada por Antonio Gónzalez Millán, director do museo Valle-Inclán, leva un ano exhibíndose en diferentes salas e museos da nosa bisbarra amosando os mais de 200 antecedentes que corroboran a existencia deste camiño esquecido. Ademais desta exposición itinerante, Gónzalez Millán xunto ao fotógrafo Adolfo Enríquez Calo son autores do libro que recolle os datos da investigación desta exposición: “As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza e Sar. A Orixe”.

Conforme nos trasladan dende a asociación a motivación principal deste camiño é que o peregrino, no seu imaxinario, faga esa viaxe espiritual que acompañou o corpo do apostolo a Compostela. Este é o único camiño que se fai cara o este e que busca o mar en todo o traxecto. Nos sinalan que non só se trata do camiño se non de recuperar a hospitalidade característica que o caracteriza e que tan fermosos recordos deixa en todo aquel que se anima a vivir esta experiencia. Non se trata só de un camiño de ida, se non tamén de volta a orixe.

As etapas

Respetando a tradición, e defendendo o patrimonio xacobeo, a asociación esta a instalar a sinalización do trazado con todo rigor posible. As cinco etapas que conforman esta vía pasan polos municipios de Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón onde se une ao Camiño Portugués. A asociación ten pensado facer unha presentación oficial das etapas nas próximas datas e trataremos de informar do lugar e do día a través do noso blogue. Aínda que a agrupación non ten rematada a súa páxina web, nin conta con redes sociais, tamén ten pensado poñerse a traballar neste aspecto e manter toda a información, eventos e actividades recollidos no seu sitio web.

Documentacións do peregrino a Compostela

A credencial do peregrino

A credencial do peregrino é precisa para conseguir A Compostella (para todos aqueles que fan o camiño por pietatis causa) ou o certificado de benvida (para quen fai o camiño por outros motivos). Poderás conseguila nos puntos de acollida de peregrinos, a través das asociacións de amigos do camiño, nas oficiñas de turismo da mancomunidade ou na parroquia de Corrubedo.

Tamén podes descargar a app da credencial para o teu teléfono e, aínda que non substitúe a física, podes meter moitos mais selos que constatan tódolos lugares onde paras.

Tanto en Benboa Corrubedo como en Compostela selamos física e dixitalmente as vosas credenciais.

  • A Compostella, acreditación oficial da peregrinaxe a tumba de Santiago

Para evitar falsificacións determinouse facer un documento que acreditase oficialmente a peregrinaxe a Compostela no sentido relixioso. Este documento é a Compostella, un fermoso recordo para a experiencia vivida que se recolle na Oficiña de Atención o Peregrino da Catedral de Santiago.

A aparición dos vehículos a motor supuxo unha crise no sentido espiritual do camiño e motivouse facendo uso desta acreditación oficial que ratifica que os últimos 100 km foron feitos a pe ou a cabalo, ou así como os últimos 200 km en bicicleta. Para conseguila, hai que traer selada a credencial do peregrino polo menos dous veces ao día nas igrexas, albergues ou restaurantes que atopas no camiño a modo de certificar o teu paso.

  • Certificado de benvida

É un certificado que se lle entrega na Oficiña de Atención o Peregrino da Catedral de Santiago aos peregrinos que fan o camiño por motivos diferentes aos relixiosos ou espirituais. Tamén é preciso acreditar os 100 últimos km a pe ou a cabalo ou os 200 últimos km en bicicleta mediante a credencial do peregrino selada que así o ratifique.

Esto é todo o que debes saber, prepara un bo calzado, mete agua na mochila e a camiñar! Agardamos que te animes a vivir esta experiencia tan enriquecedora.

Ultreia et suseia! Bo camiño!

Menus de grupos | Benboa Compostela

¡Non agardes ao nadal e degusta xa os nosos menús para grupos!

Para empresas, grupos de traballo, asociacións, amigos ou familias.

 

En Benboa Compostela publicamos os nosos novos menús para grupos, os cales, pódense deleitar calquera día sen necesidade de agardar ao Nadal.

Esta oferta esta pensada especialmente para grupos a partires de 8 persoas de martes a xoves ata finais do ano en curso.

Só é preciso escoller o menú a consumir e facer a reserva do día e da hora mediante correo electrónico compostela@benboa.com ou por teléfono +34 881.30.82.21.

Estamos a vosa disposición para aclarar calquera dúbida que poda xurdir no referente a intolerancias, alérxenos ou para propoñervos outras opcións de prato para vegano-vexetarianos.
 

Clica aquí para ver en grande e descargar arquivo