Showing 28 Result(s)

Menú Fin de Ano en Corrubedo e Santiago

Traduce el texto/ Translate

Xa temos o menú para a cea de fin de ano de Corrubedo e de Santiago de Compostela. Anímate a reservar xa esta data e rematar o ano cun menú especial.

Descargar menú en pdf.

RESERVAS CORRUBEDO
+34 981 86 51 28
RESERVAS COMPOSTELA
+34 881 30 82 21

Ven tapear a Benboa, o Santiago(e)tapas 2021 xa esta aqui

O XIII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, é un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, co patrocinio de Cervezas Alhambra. Tamén colaboran Cash Record, Fraga do Corvo, Utimaq, o Obradoiro CAB e a SD Compostela; así como o festival de cine Cineuropa e a Asociación de Celíacos de Galicia. 

Os obxectivos principais deste certame son incentivar a cultura gastronómica, dinamizar á cidade nun mes tradicionalmente de menor afluencia turística e amosar a calidade e o bo facer dos nosos hostaleiros e hostaleiras.

Durante o concurso, que se celebra do 11 ao 28 de novembro, o público pode gozar das tapas dos locais, que están agrupadas en varias (é)tapas que recordan aos diferentes camiños de Santiago. Ademais, pode votar as tapas dos locais participantes cubrindo os pousavasos que reciben coa consumición.

Paralelamente, e tamén do 11 ao 28 de novembro, celébrase o II Santiago(é)Cóctel, un concurso de cócteles organizado pola Asociación Hostalaría Compostela.

Zorza de peixe sapo, escuma de San Simon e ovo de galo celta.

Tamén participamos na categoría de cócteles con “GOD-TONIC”, un cóctel con alcohol elaborado con viño godello, xenebra e tónica Royal Bliss.

A nosa proposta para este certame é unha tapa de Zorza de peixe sapo (rape), escuma de San Simón e ovo de galo celta.

Categoría

Tradicional

Prezo

2,50€

Ingredientes

Queixo San Simón da Costa, viño Ribeiro.

Alérxenos

F G D

*Apto para celíacos.

Horario

O noso horario de tapas é de 13:30 – 15:00 e de 20:00 – 22:00h.

Luns e martes estamos pechados por descanso.

Participa no sorteo de Nadal, é moi sinxelo!

Sorteo de Nadal!

Participa e gaña unha mariscada a domicilio para 2 persoas.

1º Reseña cal é o teu prato preferido no noso perfil de google

2º Fai unha captura de pantalla da túa reseña e envíanola a través da ligazón do sorteo

breve Info

Datas de participación

Do 10 de novembro ao 10 de decembro

Onde

www.benboa.com/sorteo

Resultado

O gañador publicarase o día 15 de decembro nas nosas redes sociais de facebook e instagram!