Showing 28 Result(s)
Santiago e-tapas

XIV edición do Santiago e-tapas

Dende que aterrézamos en Santiago de Compostela en Benboa sempre participamos no concurso Santiago e-tapas. Este concurso de tapas celébrase no mes de novembro. Este ano adiántase un pouco mais para non facelo coincidir coas ceas do Nadal. Do 27 OUT – 13 NOV podes degustar e votar por estas exquisitas tapas nos locais hostaleiros participantes da cidade sacra.
Ditas tapas teñen un módico prezo que axuda a organizar este concurso cada ano. Podes coñecer (en canto se publique) a ruta das tapas na páxina web da organización do evento Santiago e-tapas.

Unha ruta, a do Santiago e-tapas

Nesta ocasión en Benboa participamos con unha tapiña que non vos vai deixar indiferentes:

Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto

Ingredientes: Pan bao, boloñesa de bonito (bonito fresco, tomate e cebola, cenoria, allo, viño godello, pementón, pementa, sal e salsa chipotle), pesto (aove, pipas, albaca, queixo parmesano), queixo de Arzúa.

Iremos adiantando detalles a través das nosas redes sociais nestas semanas de concurso. Séguenos e non lle perdas a pista a nosa proposta deste ano. Lembra que a proposta do ano pasado “Zorza de peixe sapo con patacas fritas e ovo” forma parte da nosa carta tras o éxito obtido. Se che gusta tanto o bao de boloñesa vota por él para que o incluamos na carta.

Ves facer a ruta das tapas a Santiago de Compostela? Atento aos premios de este ano en santiagoetapas.gal

Traslatio, a historia dunha viaxe

 

Por mor da celebración esta semana do Día Mundial dos Museos hoxe no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela  e ata o día 20 de maio na súa programación inclúe a proxección do documental divulgativo “Traslatio, a historia dunha viaxe” sobre a lenda fantástica da «Traslatio», na que se narra como o corpo do apóstolo Santiago chega até o noroeste da Península Ibérica.  Esta narración percorre os lugares e os acontecementos relatados no lendario onde se conta a chegada do corpo de Santiago desde Jaffa ao definitivo enterramento no bosque do Libredón. 

Podes ver o documental divulgativo «A Traslatio» no Auditorio do Museo das Peregrinacións
Pases continuos desde as 11:00 ás 13:00 en galego, castelán e inglés.
Todos os públicos

Visitas contadas
Ás 12:00h e ás 18:00h
Todos os públicos

Este ano o lema do DIM convídanos a reflexionar sobre o ‘Poder dos Museos’. Nestas visitas contadas especiais DIM veremos o poder destas entidades. Poñeremos unha lupa en toda a vida invisible que se esconde detrás dos marcos, peanas e vitrinas dos Museos. O noso obxectivo é poñer a disposición da cidadanía o seu patrimonio artístico e cultural, con todas as reviravoltas que implica. 

Visitas dispoñibles até completar capacidade. Non quedes sen a túa praza e anticípate en reservas.mdperegrinacions@xunta.gal ou no 881.867.40

Achegamoste a ligazón por se non te podes achegar a Santiago VER EN YOUTUBE