peixes

Faq: Que peixes tendes na carta?

Moita xente pregunta a miúdo que peixes temos na carta por iso queremos despexar algunhas dúbidas ao respecto con este tema.

Xunto aos peixes frescos na nosa carta atoparás un: “Consultar táboa”

Peixes na táboa do día

Os peixes e mariscos que ofrecemos no noso gastromercado son peixes frescos capturados a diario polos barcos que faenan nas nosas costas. Dependemos das capturas diarias pero pode ser que, aínda sendo a tempada de algún peixe en particular, non o teñamos porque non foi presa nas capturas. Dependemos da estación do ano, da sorte e tamén da casualidade da faena de ese día de traballo. Na táboa que atoparás en cada local Benboa indicamos cada día de que especies dispoñemos no gastromercado.

Hai peixes frecuentes durante todo o ano e por outra banda hai peixes que están dispoñibles só en meses concretos. Para ter unha idea xeral fixemos  uns breves apuntes a ollo dos peixes segundo a tempada:

PRIMAVEIRA
Atún, congro, lirio, xarda,San Martiño, linguado, pescada, rodaballo galego, raia, peixe sapo, sardiña.

VERÁN
Sardiña, bonito, peixe espada, escarapote, xurelo, chincho.

OUTONO
Como nos di Rogelio Santos Queiruga  nesta tempada “todo o peixe esta bo”. Eses que son deste tempo son:
Dourada salvaxe, robaliza, salmonete ou barbo

INVERNO
Ollomol, robaliza salvaxe, bacallau, xarda.

Comer especies de tempada é bo para coidar a nosa saúde pois non hai mellor produto que o de proximidade. Para que consumir peixe na tua dieta sexa ben doado podes seguir os consellos de “Vai de peixe” e mergullarte de cheo cos produtos do mar.

Que non sabes recoñecer nin diferenciar un peixe de outro? Suscríbete ao noso blogue e toma nota!

Por certo, sabías cal é o segredo da nosa lonxevidade?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *