Receita sen glute de Lidia Filgueira de «Disfruta Sin Gluten» para Benboa.
X Sen forno X Sen azucre X Sen lácteos X Sen glute
INGREDIENTES
- 2 plátanos
- 2 ovos
- 30 gr. de fariña (de trigo sarraceno)
- 30 gr. de cacao en po
- Pingas de chocolate
- 5 gr. de fermento
- 100 gr. de grosellas vermellas
- 70 gr. de pasta de dátil
- Zume de limón
ELABORACIÓN
- – Cortar, pelar e esmagar os plátanos cun garfo.
- – Bater os ovos e engadilos á masa de plátano.
- – Incorporar o cacao, a fariña, o fermento e revolver.
- – Engadir e mesturar as pingas de chocolate.
- – Repartir a mestura nun molde, decorar con pingas de chocolate e introducir o molde no microondas a máxima potencia durante 5 minutos.
- – Para a marmelada de grosella, introducir as grosellas nun cazo, engadir a pasta de dátil e unhas pingas de limón. Cubrir cun pouco de auga e cocer durante 10 minutos, ata que se evapore a auga..
¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!
A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…
"Disfruta sin gluten"
Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas.
Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.
Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso.