BATALLA DE OLIVEIROS CON FIERABRAS (O BRAZO FEROZ) NO CAMPO DAS DUNAS. I Parte

Textos de Domingo Regueira inspirado por unha anciá de Sirves que lle falou dunha batalla alí ocorrida e que ela descubriu nun libro que lle trouxo seu pai da Arxentina. Referencias da batalla atopadas no Códice Calixtinus.

 

Lugar: Campo das Dunas
Olveira – Bretal – Sirves- RIBEIRA, 777 (ano máis, ano menos)

 

[lease en prosa]

Dende a lomba que separa Olveira de Corrubedo, dirixía Carlomagno a loita co sarraceno, cun exercito miúdo, responsos e padrenuestros, caían mouros a ducias, a centos e a milleiros. Cos Doce Pares de Francia, como lobos carniceiros, voaban testas e turbantes a cada golpe certeiro.

Sobre esta mítica lomba tamén poden contemplar, a teofánica marca, que Carolus mandou gravar, co motivo da batalla en este campo dunar, para derrotar ó inimigo que facía tanto mal; roubando e matando, secuestrando e torturando, nunca se veu nada igual.

Comeza o romance de Juan José López case fiel. Case…

Suenen Cajas y Clarines,
y sonoros instrumentos
en acordes consonancias
por los espacios del tiempo,
para dar claras noticias
del caso más estupendo,
la más reñida batalla,
y los más recios encuentros,
que hubo entre espada y lanza,
mano a mano y cuerpo a cuerpo.

Con febre españoleira e vocación bieiteira , aínda poden escoitar, as ovacións que soltaban, árabes e cristiáns, nesta descrita batalla, onde o Conde Oliveiros a gañou por goleada, contra o infiel Fierabrás, que cun brebaxe sandaba enfermidades e dores, feridas e coiteladas, xarope que hoxe sería, a ruína boticaria.

 Se comenzó la batalla 
con tanto valor y esfuerzo 
que andaban los doce Pares 
derribando Caballeros, 
acuchillando turbantes, 
cotas, y mallas de acero. 

Pero viendo el Almirante 
la perdida de su Reino, 
mandó retirar su gente, 
y con muy poco recelo 
a su hijo Fierabrás 
lo ha llamado así diciendo: 
Bien sabes, hijo querido, 
que estos doce Caballeros,
que ha traído Carlo Magno, 
son hombres de tanto arresto, 
y me han muerto cien mil hombres,
entre ellos mis Caballeros, 
y por el Dios Apolín 
que les hago juramento, 
que he de tomar la demanda, 
y me he de vengar de ellos. 

Fierabrás dijo: Señor,
eso queda de mi empeño,
dadme licencia e iré al campo,
a donde tiene el Real puesto, 
y los llamaré a campaña,
por ver si puede mi esfuerzo,
uno a uno, o dos a dos
darle fin a todos ellos.

…agigantado en su cuerpo, 
y con quince pies de largo,
era una torre de huesos.

O seguinte martes continuaremos coa batalla, suscríbete a listaxe «Todas as novas» do noso blogue para recibila no teu correo!

¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.

"Arqueoloxia Barbanza"

Domingo Regueira defínese a si mesmo como un chapuzas artístico ou trapalleiro literario. Publica regularmente no seu perfil persoal de facebook e podes seguilo na súa páxina «Arqueoloxía Barbanza» onde atoparás mais do seu interesante traballo de investigación arqueolóxica da nosa contorna. Ademais, os seus contos actuais, cargados de sarcasmo, son publicados en La Voz de Galicia (sección Barbanza). Tamén é colaborador no blogue da Asociación Barbantia «Café Barbantia» e a miúdo debuxa. Unha das exposicións mais recentes foi no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal onde presentou unha serie de negras ilustracións sobre a obra do autor do esperpento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *