1001 Recetas del Palacete de las Mendoza

Traduce el texto/ Translate

 

Sobre o contido

Ángel Arcay Barral é un historiador mozo nado en Betanzos (A Coruña), neste libro que acada de auto-editar e que ten por título «1001 Recetas del Palacete de las Mendoza» recolle as interesantes receitas de cociña que as acomodadas irmáns Concha e María do Palacete Mendoza de Pontevedra deixaron por escrito.

Para contextualizar este volume Arcay tamén contou coa colaboración do profesor do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra Ricardo Fernández Guerra, os xornalistas gastronómicos Ana Vega e Jorge Guitián e o investigador e xurista Ernesto Vázquez Rey.

O autor coñeceu as libretiñas coas receitas das irmáns Mendoza mentres traballaba no arquivo de Pontevedra. Segundo puidemos saber os textos están cheos de curiosidades que estas dúas mulleres avanzadas e modernas aportaban aos seus escritos con orixinalidade e bo humor. Arcay quixo conservar esta esencia e engadiu un glosario de termos ao final do volume así tamén para explicar a orixe de algúns ingredientes que as irmás conseguían en lugares polos que viaxaban. O libro esta escrito en lingua castelá e xa se pode atopar a venda a través de internet.

Foto Flickr: @juantiagues
Na actualidade o Palacete das Mendoza que se atopa no casco antigo da cidade de Pontevedra é a Sede do Patronato de Turismo Rías Baixas.

Sobre o contexto

Para poder entender, e saborear, as 1001 receitas do Palacete das Mendoza, primeiro hai que entender que supón este lugar para a historia de Galicia.

Entre as paredes desta mansión da Praza de Santa María, en Pontevedra, as fillas da pintora Carmen Babiano recrearon un mundo aínda descoñecido na Galicia de principios do século XX.

Un mundo ao que accedían persoas de diferentes procedencias, no que se conversaba en varios idiomas e no que todos os días a caixa de correos da mansión desbordaba con cartas procedentes de varios continentes.

As súas viaxes, as súas amizades ou a propia formación inculcada pola súa nai, levaron a Concha e a María Mendoza Babiano de Méndez-Núñez a revolucionar a cidade coas súas ocorrencias, que poñían en xaque ás clases máis acomodadas de Pontevedra. Dende sacar en procesión pola cidade un  orixinal de Sargadelos a organizar veladas para homenaxear a Beethoven, dende logo ninguén era indiferente ao alborozo que as irmás levantaban ao seu paso.

Mulleres cultas, libres, festeiras e cunhas biografías que hoxendía aínda contan con demasiadas sombras pero que elas parece que trataron de debullar entre as liñas dos seus libros de cociña.

Os seus receitarios, depositados hoxe xunto a todo o seu legado no Museo de Pontevedra, parecen ser anotacións gastronómicas aderezadas con pinceladas da súa vida, das súas amizades e das súas viaxes.

Poucos receitarios habería na Galicia da época máis cosmopolitas e máis refinados que os da irmáns Mendoza e poucas señoritas habería máis refinadas e cosmopolitas que Concha e María.

 

1001 Recetas del Palacete de las Mendoza

Ángel Arcay Barral é un historiador betanceiro que orientou a súa carreira profesional ao mundo dos arquivos. Precisamente do arquivo do Museo de Pontevedra rescatou (e transcribiu) os libros de cociña das irmás  Mendoza.

Os seus últimos traballos máis destacados teñen que ver tamén coas mulleres, neste caso as espontaneadas de Ferrol e Pontedeume, ou co Parque do Pasatempo de Betanzos.

 

+ cousas que ver…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.