10 Mandamentos Sostibles

O Día Mundial do Medioambiente celebrase cada ano o 5 de xuño. Foi establecido así pola Organización das Nacións Unidas para fomentar a conciencia e o respeto polo coidado do medio entre a poboación.

Compartimos estes 10 Mandamentos Sostibles no blogue para que lle podas dar difusión a través das redes sociais porque a protección e a saúde do planeta é cousa de todos.  Esta é unha cuestión de importancia vital que afecta ao noso benestar e o desenrolo económico en todo o mundo.

Dende a individualidade podemos adoptar unha conducta responsable que sume á preservación e á mellora.

 

1. Utiliza a enerxía con moderación

Lembra apagar as luces se es o último en saír da habitación ou desenchufar o cargador do móbil se non o estas utilizando. Non empregues os eletrodomésticos a media carga. Utiliza luz natural sempre que sexa posible.

2. Produce o menos ruído posible.

O ruído tamén é unha forma de contaminación.

3. Non desperdicies a auga.

Mentres te enxaboas, non o fagas coa billa aberta.

4. Reutiliza o papel sempre que poidas.

Se te equivocaches, sempre podes usar os folios como notas ou borradores.

5. Trata de minimizar sempre a xeración de residuos.

Son a maior fonte de contaminación. Non uses indiscriminadamente o desaugadoiro para desfacerche dos deperdicios. Recicla.

6. Separa para reciclar.

Asegúrate de tirar os residuos nos contedores adecuados.

7. Comparte coche sempre que sexa posible. 

Podes contaminar menos se compartes vehículo con outros compañeiros para ir ao traballo ou a casa.

8. Asegúrate de respectar os espazos naturais.

Se atopas lixo, recolleo para levalo a un punto limpo.

9. Compra produtos amigables co medioambiente.

Usa produtos biodegradables. Non utilices produtos agresivos.

10. Promove o coidado do medio.

Entre o resto de compañeiros comparte estas ideas ou outras recomendacións para o coidado do medioambiente.

Suscríbete a listaxe «Todas as novas» do noso blogue para recibir as novidades en medioambiente no teu correo!

Quero recibir información da listaxe de:
Amósanos que non eres un robot. Escribe o teu teléfono engadindo o código de pais co símbolo + diante . Lembra que para España é o +34

¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *